Durante os partidos do 28 e 30 venderase o calendario solidario no que participa o Cafés Candelas Breogán
Salva Arco e Lobito Fernández posaron con nenos pertencentes a Raiolas, unha asociación que traballa a favor das familias con membros afectados por doenzas do espectro do autismo.
O seu calendario solidario, que terá un prezo de 10€, estará á venda no Pazo durante os dous próximos partidos. Nel aparecen deportistas de numerosos clubs e disciplinas lucenses con nenos e nenas de Raiolas.
Unha causa na que non podiamos faltar e coa que podes colaborar levando un dobremente útil calendario solidario.
Ademais, o partido dom día 30 dedicarase a difundir as actividades que realiza Raiolas.