Os celestes dominaron durante moitos minutos e frearon ao Destino Palencia cando apretou o marcador
Vitoria de equipo na que a intensidade de tódolos celestes que saltaron ao parqué palentino foi clave.
Por números, destaca o partidazo casi perfecto de Kacinas (15 puntos con 4/4 T2, 2/2 T3, 1/2 TL, 10 rebotes e 27 de valoración), a actuación de Larsen, imparable na primeira metade e que rematou con 15 puntos, 6 rebotes e 4 asistencias (21 de valoración), ou os 10 rebotes de Iván Cruz.