O Pazo dos Deportes de Lugo: A gran oportunidade

Compartir con

A experiencia na instalación lucense durante os partidos de Liga Endesa mellora cada xornada e sitúase como unha oportunidade privilexiada para as marcas que buscan conectar coa emoción dos afeccionados.

A experiencia na instalación lucense durante os partidos de Liga Endesa mellora cada xornada e sitúase como unha oportunidade privilexiada para as marcas que buscan conectar coa emoción dos afeccionados.

O Pazo inaugurouse no ano olímpico de 1992. Tras máis de 12.000 días, segue a ser o corazón, o Fogar do CB Breogán.

Tras décadas de uso intensivo, a instalación actualízase grazas á Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A través da súa Área de Deportes, acometéronse melloras críticas, e outras veñen en camiño:

Gradas: Novos asentos ergonómicos que melloran a comodidade.

Infraestrutura: Reparación integral da cuberta.

Climatización: Sistema intelixente que evita a condensación e a humidade do Miño.

Iluminación LED: Aforro enerxético e potencia visual para o espectáculo.

O gran salto: Videomarcador 360º

A gran novidade é o cubo central suspendido. Co seu formato 360º, transforma a experiencia na Liga Endesa, permitindo unha interacción total co público e soporte para o sistema arbitral.

Esta tecnoloxía é unha oportunidade de ouro para as empresas. O Breogán gaña un soporte publicitario de última xeración para xerar recursos e competir contra orzamentos de equipos procedentes de grandes urbes.

Mais ca un patrocinio, unha identidade

Patrocinar o Breogán non é só poñer un logo; é unirse a unha viaxe de 60 anos. É encarnar o papel do underdog que loita ante xigantes e gañar o corazón dos afeccionados ao deporte e das historias inspiradoras de superación.

O Pazo ofrece o soporte perfecto para a paixón que está no ADN de Lugo e de Galicia.

Só hai que vivir un partido no «Fogar do Breogán» para entendelo.

O Pazo, e o Breo... enganchan

#ForzaBreo

O Pazo dos Deportes de Lugo: A gran oportunidade

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información