A sesión do xoves 27, desde as 17:30 horas no Pazo dos Deportes, será aberta para os afeccionados
Os seareiros terán a oportunidade de ver ao equipo traballando na preparación de pretempada na segunda sesión do día. Está previsto que o equipo comece a traballar no ximnasio e desde as 17:30 horas se incorporen progresivamente ao traballo de pista onde rematarán a xornada e dedicarán, ao final, uns minutos a asinar autógrafos e fotografarse cos afeccionados que se acheguen.
Como é habitual, pediráselles aos asistentes que non realicen fotografías nin vídeos durante o desenvolvemento da sesión de traballo e que os reserven para os instantes finais nos que os xogadores e o técnico estarán á súa disposición.