Os adestradores axudantes do Río Breogán SAD, Fernán Varela e Víctor Pérez, visitaron as instalacións de Cruz Vermella Lugo. O seu obxectivo era coñecer o traballo dos teleoperadores na campaña do Sorteo de Ouro, un esforzo importante para a organización.
Esta visita foi o primeiro paso para unha colaboración que permitiu a voluntarios de Cruz Vermella vender lotaría no exterior do Pazo durante o partido do Río Breogán contra o Gran Canaria.
O Club Baloncesto Breogán agradece a Cruz Vermella Lugo o recibimento e o seu traballo. A combinación de deporte, solidariedade e comunidade contribúe a un futuro mellor en Lugo.
A colaboración con entidades sociais por parte do CB Breogán, contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.