O escolta de 1.88 e 27 anos conta cunha ampla experiencia en Liga Endesa
O Río Breogán chegou a un acordo co escolta Jordan Davis (Las Vegas, Nevada, 6 de Julio de 1997)
Jordan Deangelo Davis formouse na Universidade de Colorado (NCAA) onde destacou pola súa progresión finalizando a súa etapa universitaria cuns destacados 23,5 puntos, 4,5 rebotes, e 3,8 asistencias na súa última tempada cos Northern Colorado Beards.
Davis, que conta con pasaporte de Acerbaixán, tivo a súa primeira experiencia profesional en Liga Endesa, formando parte do BAXI Manresa na primeira parte da tempada 2019/20 (5 partidos con 12 puntos e 2,2 rebotes de media), curso no que tamén xogou en Alemaña (Rasta Vechta, 11,2 puntos e 2 rebotes de media en 11 partidos) e Israel (Hapoel Tel-Aviv, 18,3 puntos e 3,5 rebotes en 6 partidos).
Na tempada 20/21 desembarca en UCAM Murcia onde permanecerá tres tempadas (11,6, 10,5 e 7,9 puntos de media, e 2,2, 1,8 e 1,9 asistencias, respectivamente). A tempada 2022/23 finalízaa na Bundesliga xogando tres partidos no Hamburgo Towers onde coincidiu co ex celeste Anthony Polite, e asinou 11,3 puntos, 3 rebotes e 2,7 asistencias.
Na tempada 2023/24, Davis xogou en Líbano, onde foi o 2° anotador, 3° en asistencia e 2° en recuperacións da liga, promediando 23,7 puntos,6.3 asistencias,2.2 recuperacións e 5,4 rebotes.
Jordan Davis é un xogador de calidade contrastada que pode xogar en posición de escolta e de base, rápido, vertical, intenso en ataque e en defensa, bo manexador de balón, e con capacidade de anotación.