O Río Breogán incorpora a Josep Peris

Compartir con

O xogador valenciano é un escolta de 1,92 m e 25 anos

Formado nas categorías inferiores do Valencia Basket e do Club Bàsquet Llíria, Peris debutou na Liga EBA con só 17 anos. Posteriormente, consolidou o seu xogo na LEB Prata militando nas filas do CB Villarrobledo, Alquimisa Carbajosa e Baloncesto Talavera.

A súa primeira gran campaña no CB Zamora (2023-24) saldouse co dobrete de Copa LEB Prata e ascenso, cunha media de 10,9 puntos e forzando a prórroga da final copeira cunha canastra tripla sobre a bucina. Tras xogar o seguinte curso no CB Sant Antoni, regresou a Zamora para debutar na Primeira FEB na campaña 2025/26.

Nesta última tempada, o exterior converteuse nunha peza clave para o conxunto zamorano, asinando unhas medias de 12,5 puntos, 2,3 rebotes e 2 asistencias en apenas 19 minutos por encontro. Peris é, ademais, internacional en categorías inferiores con España e habitual nas convocatorias da selección masculina 3x3.

O xogador valenciano, capaz de xogar tamén de base, destaca pola súa capacidade de pase e manexo de balón, o seu tiro exterior e a súa boa lectura de xogo. Chega ao Río Breogán para axudar ao equipo e seguir avanzando na súa gran proxección das últimas tempadas.

O Río Breogán incorpora a Josep Peris

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información