O Río Breogán incorpora ao pívot EJ Onu

Compartir con

Onu é un xogador de 2,11 m. e 24 anos procedente da liga alemá

O Río Breogán chegou a un acordo para incorporar ao pivote con pasaporte estadounidense e nixeriano, Ejiofor Onu.

O novo xogador celeste formouse na Universidade Estatal de Shawnee, en Portsmouth, Ohio, onde xogou durante catro tempadas na NCAA cos Shawnee State Bears.

Tras participar en liga de verán 2021 con Dallas Mavericks, Onu xogou en G League nas filas de Texas Legends e Memphis Hustle, antes de recalar en Canadá nos Niagara River Lions da Canadian Elite Basketball League, onde acabou como mellor taponador da liga con 2 tapóns de media por partido.

Tras alternar liga canadense e G League (Santa Cruz Warriors e Niagara River Lions), en 2023 recala na liga alemá. No Brose Bamberg da Basketball Bundesliga, EJ Onu promedió en 18 minutos de xogo: 8,5 puntos, 3,8 rebotes e 1,2 tapóns por partido, nos 34 partidos de liga regular, acabando como terceiro mellor taponador da liga alemá na súa primeira experiencia en Europa.

Onu é un pivote atlético de gran envergadura e intimidador, que xoga por encima do aro e bo finalizador na pintura, aínda que tamén con ameaza exterior e capacidade para anotar desde 6,75.

O Río Breogán incorpora ao pívot EJ Onu

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información