O Río Breogán incorpora ao pívot Rašid Mahalbašić

Compartir con

Chega ao Breo un xogador de 2,11 m e con gran experiencia en diversas ligas europeas, incluíndo a Liga Endesa

O Río Breogán chegou a un acordo co pivote esloveno con nacionalidade austríaca, de 2,11 e 30 anos, Rasid Mahalbasic.

O novo xogador celeste conta cunha ampla traxectoria en diversas ligas europeas nas que demostrou unha gran regularidade nos seus números.

Mahalbasi iniciou a súa carreira profesional no Fenerbahçe Ulker. Os seus dous primeiros anos de profesional leváronlle a varios equipos da primeira liga turca con paso por Croacia e Eslovenia. Na campaña 2012/13 destacou no Asseco Prokom polaco co que debutou en Euroliga, promediando 11 puntos e 7 rebotes na competición doméstica e 9,8 puntos e 6,8 rebotes na máxima competición continental. Os seus números foron case idénticos nas seguintes campañas que o levaron a diversas ligas como as de Kazajistán, República Checa, Rusia ou, de novo, a Turquía. En todas elas superou os 10 puntos e alcanzou os 6 rebotes de media, tanto en competicións domésticas como internacionais.

Na tempada 2016/2017 desembarca en Liga Endesa da man do Betis, achegando, en 22 partidos, 10,1 puntos e 6,6 rebotes para 12,8 de valoración.

As últimas catro tempadas xogou en Alemaña ( EWE Baskets Oldenburg do 2017 ao 2021) e acabou esta última xogando os play off no AS Mónaco da liga francesa.

Mahalbasic é internacional con Austria desde 2008.

Rasid Mahalbasic é un pivote con moito talento e bos fundamentos, bo xogo en poste baixo e de fronte ao aro, experiencia e polivalencia no seu xogo de ataque, e sobresainte no rebote.

O Río Breogán incorpora ao pívot Rašid Mahalbašić

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información