A parcela de sáude do Río Breogán conta cun novo membro
Trátase do traumatólogo, Albert Grau que traballará de xeito estreito co xefe dos servizos médicos, Luís Coira, e o resto do equipo de saúde, no coidado, prevención e recuperación dos xogadores do equipo celeste.
O Dr. Grau é especialista en traumatoloxía e cirurxía ortopédica en Hospital Ribera POLUSA.
O Dr. Albert Grau substitúe á Dra. Luisa ibáñez a quen, desde o club, agradecemos a súa achega, profesionalidade e traballo co Breo durante as tempadas nas que tivemos a sorte de contar con ela.