O club celeste chegou a un acordo co exterior norteamericano de 1,98 m. Elijah Wayne Hughes
Formado nas universidades de East Carolina e Syracuse, promedió nas súas dúas últimas campañas 13,9 puntos, 4,0 rebotes e 2,1 asistencias por encontro antes de ser drafteado en segunda rolda por New Orleans Pelicans en 2020.
Nas seguintes tempadas alternou participacións en NBA con Utah Jazz (xogou 30 partidos entre 2020 e 2022 e Portland Trail Blazers (22 encontros na tempada 2021/22), cos equipos de G League onde demostrou a súa capacidade de anotación, rebote e asistencia. Na presente campaña con Cleveland Charge (equipo afiliado aos Cavaliers), Elijah Hughes disputou 46 partidos cunhas medias de 14,7 puntos e 3,7 rebotes en 27 minutos.
O xogador chega a Lugo con ritmo de competición tras disputar a súa ultimo partido o pasado 29 de marzo no que achegou 14 puntos e 7 rebotes na vitoria do seu equipo ante Long Island Nets.
Elijah Hughes é un aleiro con bo físico e gran capacidade para anotar tanto de media distancia como en posicións máis próximas ao aro onde tamén pode axudar no rebote.
