O Río Breogán Lugo supera o Manchester e sela o seu paso ás semifinales en Bulgaria (85-104)
O equipo lucense deu este xoves un novo paso firme na súa andadura europea tras imporse con solidez ao Manchester Basketball (85-104) nos cuartos de final do torneo de clasificación para a fase final da BCL que se disputa en Bulgaria.
O conxunto celeste impuxo o seu ritmo desde os primeiros compases para dobregar un combativo rival británico e certificar o seu billete á seguinte rolda. Tevin Brown liderou a anotación do equipo con 20 puntos, secundado por unha gran achega de Francis Alonso (18 puntos) e Rasir Bolton (17 puntos).
Malia iso, o temón do encontro levou a sinatura de Mavra. O base asinou unha nova exhibición na dirección de xogo, repartindo 8 asistencias e sumando 13 puntos para converterse no xogador máis valorado do choque.