
Primeira experiencia do proxecto “O Breo no Camiño”
Os participantes: os xogadores Nenadic, Nakic, Erik Quintela, Lukovic, os adestradores Javier Muñoz e Quique Fraga e o preparador físico Rubén Portes, e o presidente José Antonio Caneda, acompañados pola alcaldesa de Guntín , María José Gómez, o responsable da Asociación Amigos do Camiño, Ángel Trabada,e coa achega do guía oficial Guido Álvarez, voluntarios e veciños do municipio, percorreron un treito do camiño ao seu paso por Guntín. No punto de encontro, situado na Taberna San Román, local que colaborou coa iniciativa e que acolleu na súa contorna unha pequena “fan zone” con inchables e música onde os participantes pasaron unha minutos cos xogadores e coa compaña sempre divertida de Máximus, a mascota do Río Breogán, que non quixo faltar á cita co Camiño Xacobeo.
Tamén se sumaron á ruta membros da iniciativa Coidemos Lugo que aproveitaron para a recollida de residuos no tramo percorrido.
A iniciativa «O Breo no Camiño» forma parte do proxecto de dinamización da Xunta de Galicia “O Teu Xacobeo”e cubre aspectos culturais, antropolóxicos, patrimoniais, paisaxísticos e medioambientais de diversos tramos das rutas ao paso pola Provincia de Lugo.
Trátase da primeira etapa de O Breo No Camiño que terá continuidade nas vindeiras semanas en diversos puntos da provincia de Lugo:
Friol – o 12 de setembro
Begonte – 19 de setembro
Palas de Rei -26 de setembro
Baleira – 3 de outubro






