O Río Breogán presentarase no Pazo o martes 1 de setembro

Compartir con

O rival será o KK Mega serbio nun amigable que comezará ás 19:30 horas

As entradas para o encontro de presentación están á venda na web do Breo, e tamén se poderán mercar en taquilla desde unha hora antes do partido. A entrada inclúe tamén a opción de ver o amigable internacional do mércores 2 de setembro, ás 19:00 horas, entre o FC Porto e o KK Mega no Pazo.

Os prezos das entradas, que non serán numeradas, serán de 12 € para maiores de 18 anos e de 6 € para menores de entre 5 e 17 anos. Os menores de 5 anos entrarán de balde.

Será a primeira oportunidade de ver no Pazo ao novo Río Breogán da tempada 2026/2027 na Liga Endesa.

O Río Breogán presentarase no Pazo o martes 1 de setembro
O Río Breogán presentarase no Pazo o martes 1 de setembro

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información