O Río Breogán quedou a un paso da remontada na semifinal da fase previa da BCL

Compartir con

O equipo celeste cumpetiu ante un acertado Dziki Warszawa, ao que tivo que remontar, pero non tivo sorte co tiro que tería levado o partido á prórroga (113-110)

O equipo celeste non poderá competir na fase final da competición continental e despídese con dúas vitorias claras e unha derrota competida ao límite ante un conxunto polaco que rozou o 52% de acerto dende a liña de tres puntos, con 19 canastras de 37 lanzamentos.

O espectacular último cuarto do Breo (18-35) permitiulle loitar por unha remontada que parecía imposible, pero o tiro final de Francis Alonso que levara o partido á prórroga non entrou. O malagueño realizou un partido espectacular con 29 puntos e un 7 de 11 en triples.

O Río Breogán quedou a un paso da remontada na semifinal da fase previa da BCL

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información