O Río Breogán retomou os adestramentos coa mirada posta no 'Dream Game' de Pontevedra ante o Real Madrid
Tras unha xornada de descanso o luns, o conxunto celeste volveu ao traballo este martes cunha exixente dobre sesión de adestramento. O equipo continúa a súa posta a punto tras ter disputado o seu primeiro test de pretempada en Ribadeo.
Prséntase unha semana de alta intensidade física e táctica na que están programadas seis sesións de traballo (catro delas en formato de dobre quenda) para chegar no mellor ton posíble ao seguinte compromiso de Bretempada.
A segunda proba da pretempada para o novo Río Breogán terá lugar este sábado 29 de agosto ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra. O rival será de máxima exixencia: o Real Madrid, nun encontro enmarcado baixo a denominación de 'Dream Game' e organizado por ADC Encestaras.
As entradas para presenciar o choque ante o xigante europeo xa están á venda e pódense adquirir a través das canles oficiais: Páxina web oficial de EncestaRías e Ataquilla.com
Acompaña ao equipo nuhna nova proba de bretempada!
#ForzaBreo