Happ, Sergi García e Máximus compartiron unha mañá cos asistentes á actividade “Comerlandia” onde nenos e nenas practican fútbol e outras actividades deportivas.
O Breo quixo acompañar aos participantes achegando uns minutos de baloncesto e charla onde Sergi García e Happ insistiron na importancia de compatibilizar deporte, estudos e hábitos saudables.
A SG Comercial é unha entidade lucense con gran tradición, fundada en 1930, e que traballa intensamentte coa base.
O Breo, co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, colabora na difusión de valores do deporte e colabora por estreitar lazos con entidades deportivas e sociais da provincia.




