Membros do club ofreceron unha charla aos reclusos
En continuación á colaboración coa asociación Aliad Ultreia, á que o club dedicou un partido para poñer en valor o seu labor, e co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, os xogadores Sergi García e Sergi Quintela, o adestrador Veljko Mrsic e o director xeral Tito Díaz, visitaron o centro penal onde ofreceron unha charla aos reclusos na que responderon múltiples cuestións sobre a vida dos deportista, acompañados pola coordinadora das actividades "Aula Aberta" de Aliad Utreia.
Aliad Ultreia é unha asociación de Lugo que traballa na mellora das condicións de vida das persoas con problemas de adicción, persoas recluídas ou ex-recluídas e mulleres vítimas das diferentes formas de violencia de xénero -entre elas a prostitución- e as súas fillas e fillos.
Desde un enfoque interdisciplinar, traballan tanto no acompañamento integral á persoa como na trasformación de contextos e na promoción do cambio social.

