O Río Breogán xa ten calendario de "Bretempada"

Compartir con

O equipo celeste ten previsto xogar un mínimo de 6 partidos e participará en tres torneos entre os que se atopa a Copa Galicia


O primeiro partido será o 30 de agosto ás 19:00 horaa na costa de Lugo, na localidade mariñá de Foz e ante o Surrey británico, da máxima competición do Reino Unido. As entradas venderanse exclusivamente na tenda Megabyte de Foz desde o 22 de agosto.

Os días 5 e 6 de setembro, Lugo acollerá un torneo cuadrangular no que o Breo compartirá cartel con KK Split croata, O FC Porto luso e o equipo campión da Basketball Africa League, máximo torneo continental, o Petro Luanda de Angola.

Os días 13 e 14 de setembro, o Río Breogán participará unha vez máis no prestixiosos torneo Encestarías en Pontevedra, e rematará a pretempada participando na Copa Galicia que se celebrará os días 20 e 22 de setembro no Pazo dos Deportes de Lugo.

O Río Breogán xa ten calendario de "Bretempada"

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información