Nuevo partido solidario de CB Breogán y Vicepresidencia de la Diputación de Lugo
A iniciativa foi presentada polo director xeral do CB Breogán, Tito Díaz, o deputado de deportes, Efrén Castro e o director de Cáritas Lugo, Ginés Praza.
Cáritas traballa para axudar ás persoas en situación de pobreza e necesidade. Entre os seus proxectos Inclúe a acción social, a sensibilización da sociedade e a denuncia das situacións de inxustiza con feitos e palabras para conseguir un mundo máis xusto e solidario.
O CB Breogán dedica o encontro co Girona a difundir a labor de Cáritas a prol da infancia
O CB Breogán dedicará o encontro do domingo ante o Granada (Pazo dos Deportes, 12.30 horas), a visibilizar os programas a prol da infancia de Cáritas. O club celeste empregará os seus perfís en redes sociais para difundir os servizos que presta entidade, tanto os especificamente dirixidos a nenas e nenas, no ámbito educativo ou do lecer, como aqueles dirixidos ao acompañamento das familias vulnerables. Na presentación, o director de Cáritas en Lugo, Ginés Plaza, explicou que a entidade deu apoio a máis 1200 menores ao longo de 2022 e sinalou a necesidade de poñer esforzos en abordar a desigualdade dunha maneira integral, ademais de agradecer “a sensibilidade e a empatía do CB Breogán coainfancia e a xuventude” O deputado de Deportes Efrén Castro e o director xeral do CB Breogán Tito Díaz coincidiron en salientar “a dimensión social que este tipo de accións lle dan ao deporte”, lembrando que a colaboración entre a Vicepresidencia e o club “pretende ser, a través de accións coma estas, unha ferramenta útil para toda a sociedade”. Ademais da participación en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, coma este caso, o contrato de patrocinio entre a área de Deportes e o CB Breogán prevé diferentes accións do fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a clubs e centros educativos e a promoción de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais das diferentes comarcas.