Sergi e Erik participarán nunha charla coloquio na que compartirán a súa experiencia no baloncesto
Será o próximo día 27 de marzo ás 20:00 horas no salón de actos da Deputación de Lugo
Co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, os irmáns lucenses charlarán sobre a súa experiencia no baloncesto na súa cidade e nos destinos onde xogaron na súa carreira profesional.
Os asistentes poderán coñecer de primeira man a experiencia de dous irmáns que viven o soño de defender as cores do equipo da súa cidade natal na máxima categoría.
A charla conta con aforo limitado e será necesarios reservar acceso (gratuíto).