Parte Médico Charlie Moore

Compartir con

O xogador del Río Breogán lesionouse durante o adestramento do pasado sábado 14 de decembro no seu xeonllo esquerdo. Tras unha primeira exploración a cargo do traumatólogo do club, o Dr. Grau, descartouse a súa participación no encontro do domingo e o xogador non viaxou co equipo. Esa mesma tarde realizóuselle unha resonancia que revela a afectación severa do complexo ligamento capsular medial e lesións parciais noutras estruturas do xeonllo. Isto supón unha lesión complexa que precisará intervención cirúrxica e un prolongado período de recuperación.

Parte Médico Charlie Moore

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información