O xogador do CB Breogán, Toni Nakic, sufriu lesión de xeonllo esquerdo durante o adestramento do pasado día 28 de agosto
Tras realizar exploración clínica por parte do equipo médico do Breogán e probas de imaxe, Rx e RMN, aprecióuselle afectación menisco capsular.
O tratamento requirirá cirurxía artroscópica.
O club informará sobre evolución e prazos de recuperación trala intervención, agardando que o xogador poida reincoporarse ao traballo co grupo na segunda parte da tempada.