Preparado o moedeiro virtual para abonados que liberaron asentos

Compartir con

Aqueles abonados que liberaron localidades nos partidos de liga ata o momento e cuxas liberacións supuxesen unha venda en taquilla, poderán comezar a beneficiarse do saldo no seu moedeiro virtual.

- Cando se poderá empezar a utilizar?

A partir do martes 11 de febreiro.

- Como acceder:

Haberá unha pestana dentro da aplicación do Breo que pon moedeiro. Unha vez dentro, cada perfil do abonado terá detallados os partidos que liberaron e os puntos que recibiron pola súa liberación e posterior compra. Hai que ter claro que a cantidade de puntos de dous asentos iguais pode ser distinto en función de quen adquirise ese asento, se foi un adulto ou un neno.

- Onde se poden trocar os puntos?

Só se poderán trocar en InterSport ou no Pazo, nunca en día de partido, nin -de momento- na tenda online.

- Que produtos se poderán comprar?

Todos os produtos oficiais do C.B. Breogán.

- Condicións para poder trocar os puntos:

-Compras iguais ou superiores a 20€.

-A compra debe ser superior aos puntos dispoñibles para trocar.

-Só se póde trocar a totalidade de puntos existentes no moedeiro. Non se permite trocar só unha parte.

-Unha vez se troquen os puntos, poderanse seguir acumulando puntos nos seguintes partidos.

- Nas liberacións de asentos e posterior compra, recibiranse os puntos o día seguinte do partido.

- Como proceder para trocar os puntos?

Será necesario ter acceso á aplicación do Breo.

Unha vez dentro, na sección do abonado, aparecerá un apartado que pon CANJEAR. Ao seleccionar, aparecerá un código, que xunto ao número de abonado, permitirá ao responsable da tenda aplicar o pertinente desconto.

Preparado o moedeiro virtual para abonados que liberaron asentos

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información