Presentado o acordo de patrocino entre a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o CB Breogán
O Vicepresidente da institución provincial, Efrén Castro, e o director xeral celeste, Salva Arco, presentaron o acordo
A Deputación Provincial de Lugo, a través da área de deportes da Vicepresidencia, mantén e amplía o seu compromiso co CB Breogán. Como anunciou Efrén Castro, o acordo non é só pola participación na mellor liga de Europa, a Liga Endesa, senón tamén polo traballo a nivel social que se realiza durante cada tempada e que implica a diversas entidades e colectivos de gran interese para a sociedade.
Castro detallou, ademais da achega económica do patrocinio, o investimento en mantemento da instalación do Pazo e as intervencións en marcha e en proxecto para mellorar o uso da instalación deportiva con maior afluencia da provincia de Lugo e unha das máis visitadas de Galicia.
O director xeral celeste, Salva Arco, agradeceu o compromiso que, un ano máis, a Deputación demostra co baloncesto en Lugo e en concreto co Breogán, como unha parte moi importante para que o club siga crecendo e competindo entre os mellores en Liga Endesa.
A comparecencia completa de Efrén Castro e Salva Arco, nas contas oficiais do CB Breogán en Soundcloud e Youtube.