Rasir Bolton, presentado oficialmente en Torre de Núñez

Compartir con

Rasir Bolton, presentado oficialmente en Torre de Núñez

O Río Breogán deu a benvida oficial ao base norteamericano nas instalacións de Torre de Núñez

O novo escolta do conxunto celeste compareceu ante os medios de comunicación acompañado polo director deportivo do club, Tito Díaz, para compartir as súas primeiras impresións tras os seus primeiros días en Lugo.

Durante a comparecencia, o exterior norteamericano destacou a súa ilusión por arrancar esta nova etapa na Liga Endesa e amosou o seu entusiasmo por coñecer pronto a afección no Pazo dos Deportes: «Tenño moitas ganas de competir aquí e sentir o ambiente do Pazo», sinalou o xogador breoganista.

Pola súa banda, Tito Díaz, que amosou a súa satisfacción por poder contar coa calidade de Bolton no equipo, quixo agradecer expresamente a Torre de Núñez o seu constante compromiso e firme respaldo como sponsor do club un ano máis.

Rasir Bolton, presentado oficialmente en Torre de Núñez

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información