Hoxe venres ás 21:00 horas, en Oviedo, o Cafés Candelas xogará ante Baxi Manresa
O equipo celeste quere seguir preparando a tempada a pesar das baixas e hoxe ten unha cita que supón reeditar o que foi un dos enfrontamentos máis atractivos da pasada tempada en LEB Oro, e que hoxe será xa entre equipos ACB. O Cafés Candelas enfrontarase ao BAXI Manresa, o outro equipo que ascendeu e o que fora rival da Copa Princesa a pasada tempada.
O partido xogarase en Oviedo a partir das 21:00 horas e poderase seguir en directo NESTA WEB, nos perfiles oficiais de Facebook e Youtube de Liga Endesa, en GOL Televisión e Movistar Deportes.