Remontada e vitoria sobre a bucina do Río Breogán en Andorra (101-104)
Gran traballo de equipo para sobrepoñerse a unha ampla desvantaxe e ao gran acerto local, culminado cunha tripla sobre a bucina de Francis Alonso que selou a vitoria
101 - MoraBanc Andorra (25+31+24+21): Shannon Evans II (12), Best (24), Okoye (4), Kostadinov (3) e Pustovyi (14) -cinco inicial-; Rafa Luz (4), Udeze (3), 'Chumi' Ortega (6), McKoy (19), Kuric (12), Aaron Ganal (-) e Rubén Guerrero (-).
104 - Río Breogán (25+19+34+26): DeWayne Russell (9), Arturs Kurucs (4), Cook (8), Andric (14) e Jordan Sakho (5) -cinco inicial-; Francis Alonso (28), Aranitovic (6), Brankovic (18), Mavra (4), Dibba (2) e Apic (6).