Ribera POLUSA, coidando da saúde do Río Breogán

Compartir con

O club e o centro hospitalario renovaron o seu acordo

O Xerente de Ribera POLUSA, Javier Atanes, e o director xeral do CB Breogán, Salva Arco, renovaron o acordo polo que o centro hospitalario dará un amplo servizo médico de apoio ao equipo de saúde do club e que inclúe recoñecementos médicos, probas diagnósticas e outro amplo abanico de servizos de saúde, básicos no día a día dun equipo profesional.

Salva Arco agradeceu o compromiso de Ribera POLUSA e Javier Atanes destacou a importancia do deporte como unha ferramenta para a saúde e para o cal os equipos profesionais como o Río Breogán son un exemplo e un referente para a cidadanía.

Javier Atanes, Salva Arco e o Dr. Albert Grau
Javier Atanes, Salva Arco e o Dr. Albert Grau

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información