O internacional italiano, de 1,97 m, completará as semanas de preparación ás ordes de Luis Casimiro.
Visconti é un escolta internacional italiano (Turín, 8 de outubro de 1998) que a pasada tempada formou parte do Covirán Granada.
O xogador debutou na Serie A co Venezia Mestre en 2015, equipo co que conquistou o campionato de liga en 2017. Tamén formou parte da Virtus Bolonia, conxunto co que disputou a Euroliga.
Na última campaña xogou na Liga Endesa co Covirán Granada, onde participou nos derradeiros dez encontros de liga, con medias de 9 puntos e 2,7 rebotes.
Riccardo Visconti é un xogador intenso, un defensor agresivo e cun bo lanzamento exterior.
Do mesmo xeito que o ano pasado, o base lucense Néstor Viño, que afrontará o seu segundo ano como júnior, tamén formará parte da pretempada breoganista.