Rob Gray incorpórase ao Río Breogán

Compartir con

O combo norteamericano de 1,86 m. e 29 anos procede do Prometey ucraíno

O CB Breogán chegou a un acordo para a incorporación do base-escolta norteamericano Robert Dejuan Gray Jr, “Rob Gray”.

Formado na Universidade de Houston, onde xa destacou cos Cougars (NCAA) e deixou rexistros históricos de anotación.

Tras disputar a liga de verán con Houston Rockets, en 2018, pasou a formar parte dos Indiana Mad Ants, afiliado aos Pacers, en G League.

En 2019 deu o salto a Europa da man do JL Bourg francés. Na liga gala xogou tamén no Metropolitans 92 (PRO-A)

En outubro de 2020 desembarca no AS Monaco, equipo co que logrou o título de Eurocup, sendo o terceiro anotador da competición promediando 18,2 puntos por partido.

Na campaña 2022/23, Gray xogou na liga turca co Tofas, onde se incluíu no segundo mellor quinteto da competición e foi o máximo anotador da BCL con 21 puntos de media por partido.

Gray procede do Prometey ucraíno, onde ha promediado 12,9 puntos, 2,5 rebotes e 2,6 asistencias en liga, e 6,8 puntos e 1,6 asistencias en Eurocup.

Rob Gray é un xogador con personalidade e experiencia en Europa, moi rápido, bo manexador e con gran capacidade de anotación.

Rob Gray incorpórase ao Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información