O club celeste mentén a un dos grandes anotadores da competición
Desde o Leite Río Breogán queremos expresar a nosa satisfacción por anunciar a renovación de Roope Ahonen, un xogador polivalente, que pode xogar de escolta e de base, moi completo, con bo manexo de balón, capaz de xerar xogo para os seus compañeiros e con moita capacidade de anotación.
O internacional finlandés é un moi bo tirador, ademais de ser correcto e traballador en defensa.
Ahonen expresou, #ante a súa continuidade, ilusión e ganas de demostrar todo o baloncesto que leva dentro e que o ano pasado pola lesión non puido. Para iso permaneceu en Lugo traballando duro co preparador físico e os fisios do equipo desde que acabou a tempada e atópase cada día mellor, traballando duro e recuperándose para chegar en plena forma ao comezo da tempada.
A pouco que a sorte que lle faltou o ano pasado, debido á súa lesión, acompáñelle, seguro que mostrará o xogador que realmente é coa camiseta celeste.
