Vivimos unha xornada moi especial no Centro Comercial Carrefour de Lugo, onde os xogadores do Río Breogán, Jordan Sakho e Dominik Mavra, protagonizaron un acto de sinatura de autógrafos. Grazas ao acordo de patrocinio que o club mantén co Club Carrefour, ao longo da tempada póñense en marcha múltiples actividades para que os seguidores poidan recibir agasallos e compartir momentos coa plantilla.
Mavra e Sakho gozaron sinando ducias de autógrafos e fotografándose con todos os afeccionados que se achegaron a saudalos. Como broche final ao evento, realizouse un sorteo de agasallos —incluíndo balóns e camisetas asinadas— entre os afortunados que realizaron as súas compras na tenda oficial do "Breo" situada en Carrefour.
O noso máis sincero agradecemento a Carrefour e ao Club Carrefour pola súa acollida e por facernos sentir, unha vez máis, como na nosa propia casa.