O director xeral do CB Breogán, Salva Arco, compareceu en rolda de prensa para falar de diversos temas de actualidade e facer balance da campaña de abonados, entre outros asuntos de interese xeral.
Entre outras cuestións, adiantou novidades como a creación dun Club de Empresas, que supón un paso máis respecto das iniciativas Partners Day das últimas tempadas; as novas vantaxes para os afeccionados que liberen os seus asentos; o avance do proxecto Breogán Academy; e a posta en marcha dunha nova ediciónda iniciativa BreHostel, que busca crear sinerxías co tecido hostaleiro da provincia de Lugo.