O día 2 desde as 13:00 horas iníciase o prazo de renovación.
Coa opción de realizar a renovación completa o de facer unha reserva por un importe de 40 euros por persoa, os abonados da pasada campaña terán de prazo desde o xoves día 2 ás 13 horas ata o 3 de agosto.
Así o anunciaron na presentación realizada no Pavillón Municipal de Lugo, o lugar onde a historia breoganista escribiu as súas primeiras liñas, a presidenta do club, Carmen Lence, e o director xeral, Salva Arco.
Unha campaña moi especial por ser a da tempada do 60 aniversario, que se parecerá moito á do ano anterior, mantendo os habituais descontos familiares e de desempregados, así como as habituais categorías de prezos por franxas de idade e por zonas do Pazo.
Nesta tempada os prezos incrementáronse, manténdose como uns dos máis acesibles da categoría. Esa subida equivale, se se fai un cálculo del valor do abono repartido entre partidos, a unha cantidade de entre 1 e 3 euros dependendo da zona del Pazo. A renovación poderase facer en liña nuns sinxelos pasos e mantense tamén a opción de solicitar financiamento con ABANCA.
Chaves da nova campaña de abonados do Río Breogán 2026/2027: prazos, prezos e novidades:
O C.B. Breogán fixo públicas as condicións xerais para a adquisición e renovación de abonos de cara á tempada 2026/2027. Baixo o lema "Sentimento Breoganista", o carné dará dereito de acceso a todos os partidos oficiais da Liga Regular ACB que se disputen no Pazo dos Deportes.
A seguir, resumimos os aspectos máis destacados da campaña para unha lectura rápida e clara:
Prazos e Fases da Campaña
O proceso de venda articularase de xeito esglaonado a través das seguintes datas:
- Fase 1 (Do 2 de xullo ao 3 de agosto de 2026): Renovación de abonos con reserva de asento garantida para os socios da tempada anterior. Tamén se poderán tramitar novas altas de familiares (os que teñen dereito a descontos: parellas acreditadas con libro de familia ou documento de parella de feito) e peñas (exclusivamente de forma presencial).
- Fase 2 (Do 6 ao 10 de agosto de 2026): Cambios de localidade reservados para aqueles abonados que completasen integramente o pago da súa renovación na fase anterior.
- Fase 3 (Do 12 de agosto ao 2 de setembro de 2026): Apertura de quendas para a lista de agarda oficial por rigorosa orde de inscrición. Tras o contacto do club coas persoas da lista, disporase dun prazo máximo de 24 horas para formalizar a compra.
- Fase 4 (Desde o 4 de setembro de 2026): Novas altas xerais cos asentos que quedasen definitivamente liberados.
Opción de reserva por 40 euros: Os abonados da pasada tempada poderán optar por realizar un pago inicial de 40 euros (non reembolsables) durante a Fase 1 para manter bloqueado o seu asento de forma temporal. O importe restante da subscrición deberá abonarse antes do 2 de setembro ás 23:59 horas.
Descontos dispoñibles (Non acumulables)
O club ofrece bonificacións específicas que requirirán acreditación documental:
- Parellas: 16% de desconto aplicable sobre o abono do membro que se encadre na categoría Senior (matrimonios ou parellas de feito acreditadas con documento oficial).
- Fillos/as: 7% de desconto por cada descendente menor de 25 anos (en categorías Infantil ou Estudante). Debe acreditarse con libro de familia ou documento oficial.
- Desemprego: 12% de desconto unicamente para la categoría Senior, sempre que se acredite a situación antes do 30 de xuño de 2026.
Apaixonados do Breo (desde o 12 de agosto)
A partir do vindeiro 12 de agosto, ábrese o prazo para a modalidade "Apaixonados do Breo" correspondente á tempada de Liga Regular ACB 2026/2027. Por un prezo de 140 €, os titulares recibirán o carné identificativo e a bufanda oficial do club. Ademais, disporán dunha entrada de balde para un partido de liga regular (excepto os encontros de categoría "Premium", solicitándoa con 7 días de antelación), un 50% de desconto na compra anticipada dunha entrada para o resto de partidos na casa e acceso preferente á campaña de abonados 2027/2028.
Os prazos de tramitación para Apaixonados do Breo organizaranse da seguinte maneira:
En primeiro lugar, habilitarase o período de Renovación preferente para os titulares do carné de Apaixonado 2025/2026. Este prazo comprenderá do 6 ao 10 de agosto de 2026, período no que os interesados tamén poderán optar por converterse en abonados do club.
Posteriormente, abrirase o prazo para Novas altas, que se estenderá do 12 de agosto ao 2 de setembro de 2026. Para este cupo existe un límite estrito de 30 novas prazas, as cales se asignarán por rigorosa orde de pago, advertindo que o feito de engadir o carné ao carriño non reserva a praza.
Esta modalidade de Apaixonado é válida exclusivamente para a tempada de Liga Regular ACB 2026/2027 e atópase regulada nas CONDICIÓNS XERAIS APAIXONADOS DO BREO 2026_2027 .
É importante destacar que este carné é nominativo e intransferible. Así mesmo, lémbrase aos afeccionados que non constitúe un abono de tempada, non asigna asento fixo nin garante o acceso a todos os partidos.