O xogador recolleu o galardón que o recoñece como xogador máis destacado co patrocinio da marca cervexeira
Sergi García levou o recoñecemento pola súa achega ao Río Breogán e unha tempada dura pero co final feliz para o equipo celeste que logrou superar múltiples dificultades para manter a categoría polo que estará en Liga Endesa a próxima tempada. Un dos xogadores máis destacados foi o base balear que recibiu o trofeo de mans do delegado de Hijos de Rivera en Lugo, Pedro Gay e agradeceu o apoio da afección e o traballo e compromiso de todos os seus compañeiros para lograr os obxectivos.
Parabén Sergi!
Ponemos fin a esta temporada y solo tengo palabras de agradecimiento para toda nuestra afición, club y compañeros! Sin vosotros nada de esto tendría sentido ??? pic.twitter.com/QYDZJicbhu
— Sergi Garcia (@Sergi_Garcia10) May 21, 2024