O director deportivo compareceu en rolda de prensa
Tito Díaz fixo un balance da primeira parte da pretempada e falou do estado físico do equipo. As molestias de Aranitovic (contusión en pé dereito), Somogyi (esguince pé dereito) e Quintela (molestias en zona de cadeira), levaron ao club a reaccionar rápido para completar os adestramentos das próximas semanas cos xogadores Petar Aranitovic, escolta de 1,94 con experiencia en Liga Endesa e LEB, irmán do xogador celeste Alexamdar Aranitovic; e Petar Popovic, base montenegrino de 1,95 que procede do Budocnost. Os dos xogadores adestrarán co equipo e poderían participar nos encontros de pretempada coa intención de manter o nivel das sesións de preparación mentres se recuperan os tocados.
O director deportivo celeste falou tamén da evolución do equipo nestas semanas de preparación, os próximos compromisos, e sobre outros temas de actualidade como a situación do Pazo.