O Río Breogán e Toni Nakic (Sibenik, Croacia,1 de xuño de 1999), chegaron a un acordo para que o xogador defenda a camiseta celeste na tempada 2024/25
O internacional pechou a súa segunda tempada en Liga Endesa promediando co Río Breogán 7,3 puntos, 2,8 rebotes e 1,1 asistencias en 19 partidos cunhas porcentaxes de 45,1 % en tiros de 2 e 40,6 % en triplos.
A calidade, o compromiso e a experiencia na liga de Toni Nakic estarán unha tempada máis ao servizo do equipo dirixido por Veljko Mrsic na que será xa a súa terceira campaña consecutiva como breoganista.