Toni Nakic, Xogador Estrella Galicia de outubro

Compartir con

O xogador del Río Breogán recibiu o premio, seleccionado polos afeccionados en redes sociais

Toni Nakic é o primeiro xogador Estrella Galicia da tempada. A súa actuación nos primeiros partidos de liga valéronlle o recoñecemento dos afeccionados a través da iniciativa de Estrela Galicia.

O delegado de Hijos de Rivera en Lugo, Pedro Gay, foi o encargado de entregarlle o trofeo.

Nakic, que se atopa recuperándose dunha lesión muscular no xemelgo que lle terá apartado unhas semanas das canchas, agradeceu o recoñecemento e confirmou que evoluciona ben e que espera regresar moi pronto á cancha para axudar ao equipo: «probamos antes do partido contra o Barsa e, por precaución, decidimos non arriscar, e espero estar co equipo moi pronto», comentou.

Nakic mostrouse feliz pola vitoria del Río Breogán ante o Barça e confesou que «é moito máis difícil vivilo desde o banco, pero tratei de axudar cos meus compañeiros animándoos e achegando algún consello».

Toni Nakic, Xogador Estrella Galicia de outubro

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información