O equipo celeste lucirá a imaxe de Turismo de Galicia na indumentaria de xogo e noutros soportes no partido da 23ª xornada de Liga Endesa
A Xunta de Galicia da un paso máis na colaboración co CB Breogán.
As conversas entre club e representantes do goberno autonómico iniciadas o pasado verán de cara a detallar a colaboración desta tempada, concrétanse na inclusión da imaxe corporativa de Turismo de Galicia na indumentaria do equipo, ademais de outros soportes, mediante os cales o Breogán colaborará na promoción do turismo en Galicia no partido do domingo 19 ante o Zaragoza, aproveitando a repercusión do equipo a nivel nacional competindo na mellor liga de Europa.
Ao mesmo tempo seguen as conversas entre a Xunta de Galicia e o club para novas accións nesta anualidade.