Un Río Breogán de récord vence con contundencia no primeiro derbi galego da tempada (90-110)

Compartir con

acb Photo / Adrián Baúlde
acb Photo / Adrián Baúlde

O equipo de Luis Casimiro regresou á senda das vitorias tras impoñerse con autoridade por 90 a 110 no primeiro derbi galego da tempada celebrado no Multiusos do Sar de Compostela.

Os celestes asinaron unha partido coral no que non deron opción ao seu rival, sumando deste xeito o seu cuarto triunfo do curso cunha exhibición ofensiva que sumou novas marcas para os celestes.

A vitoria non só consolida o gran momento de forma do equipo na competición, senón que ademais pulverizó varios rexistros históricos da entidade na liga Endesa. Cos 110 puntos anotados no marcador, o conxunto lucense fixou a cifra de anotación máis alta xamais alcanzada polo club fronte a un rival autonómico na máxima categoría do baloncesto nacional, superando ao mesmo tempo o seu teito histórico de puntos como visitante.

Así mesmo, os 20 puntos de diferenza ao termo do encontro permitiu igualar a maior vitoria del Río Breogán nun duelo autonómico. Un rexistro que permanecía intacto desde o ano 1991, cando o por aquel entón Dyc Breogán impúxose por 89 a 69 ao OAR Ferrol.

O bloque celeste completou unha actuación sobresaliente en todas as facetas do xogo. A fluidez ofensiva e o acerto de cara ao aro combináronse con momentos de gran solidez para conter as arremetidas locais e asegurar un triunfo de prestixio.

90 - Monbus Obradoiro (22+21+19+28): Childress (7), Barcello (18), Leo Meindl (11), Abogidi (-) e Joel Soriano (22) -cinco inicial-; Agada (11), Alejandro Galán (4), Sergi Quintela (4), Dos Anjos (2), Barrueta (11) e Alonso Faure (-).

110 - Río Breogán (20+30+32+28): Tevin Brown (22), Rasir Bolton (16), Peris (6), Andric (16) y Kasibabu (2) -cinco inicial- Mavra (11), Andersson García (6), Francis Alonso (19), Aranitovic (-), Brankovic (12) y Vicedo.

acb Photo / Adrián Baúlde
acb Photo / Adrián Baúlde
acb Photo / Adrián Baúlde
acb Photo / Adrián Baúlde
acb Photo / Adrián Baúlde
acb Photo / Adrián Baúlde
Un Río Breogán de récord vence con contundencia no primeiro derbi galego da tempada (90-110)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información