
O Río Breogán compartiu tempo cos seareiros no Pazo para poñer fin a unha tempada inesquecible
O plantel ao completo, acompañado por Máximus, quixo despedirse do curso baloncestístico como máis lle gusta ao breoganismo: no Pazo e coa afección.
Un aun foron presentados polo mspeaker celeste e recibiron a ovación dos centros de afeccionados que agardaban na grada do Pazo.
Houbo tempo para discursos, con moito humor e agradecemento polo apoio incondicional.
Houbo sorteos de agasallos e o mellor momento chegou cando o equipo dedicou tempo a fotos, autógrafos e charlas cos seareiros sobre o parqué do Fogar Do Breogán.
Unha tempada para a lembranza. Grazas!
Unha actividade enmarcada no programa patrocinado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo pola que o Río Breogán achega o deporte e os seus valores a sociedade da provincia.







