Unha mañá inesquecible no Pazo: Academy Day!

Compartir con

Unha mañá inesquecible no Pazo: Academy Day!

Os xogadores e xogadoras dos clubs de base vinculados ao proxecto Breogán Academy, acompañados dos seus adestradores, viviron unha mañá co Breo no Pazo. Arredor de 400 xogadores e xogadoras de Sarria, Estudiantes, Ensino, Val de Lemos, Cidade de Lugo, Burela, Sanxillao, Viveiro, Sagrado Corazón e CB Meira encheron a grada Miño do Pazo dos Deportes e asistiron a un adestramento do Río Breogán. Durante a sesión, puideron ver de primeira man como traballa un equipo profesional no seu día a día.

Pero iso foi só o aperitivo. Tras rematar o adestramento, o equipo do Breo non marchou ao vestiario. Nese momento apareceu Máximus, comezou a música e a voz do speaker deu paso ao tempo para compartir xogos cos xogadores. Cada integrante do primeiro equipo vinculouse cun club dos asistentes e todos animaron no xogo de lanzamentos desde o medio campo, que contou con premios para a grada. Tamén se celebraron o clásico KO, xogos de habilidade de bote e roubo de balón, e probas de velocidade de reacción dirixidas polo preparador físico José Durán. Ademais, realizouse o Two-Ball e un "Breo test" que puxo a proba os coñecementos dos rapaces e rapazas sobre o club, todo acompañado de agasallos como bufandas, camisetas asinadas e cubres oficiais.

Houbo sorpresas especiais como Francis Alonso probando a Bakoka de Cafés Candelas e exercendo de Capitán Candelas. A música e a animación non pararon, incluíndo momentos de baile con Sakho na grada. En definitiva, foi unha mañá festiva con moito baloncesto e traballo en equipo. Un día inesquecible para todos os que conforman o proxecto deportivo e social do Breo e o Breogán Academy. Grazas a todos os clubs, xogadores, adestradores e familias que o fixeron posible. Ata a próxima! Forza Breo!

Unha mañá inesquecible no Pazo: Academy Day!
Unha mañá inesquecible no Pazo: Academy Day!
Unha mañá inesquecible no Pazo: Academy Day!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información