Usuarios do Centro de Día de persoas con discapacidade Raiolas visitaron o Río Breogán
Os usuarios e técnicos de Raiolas pasaron parte da mañá no Pazo. Alí coñeceron as instalacións: o vestiario, a sala de prensa e a sala de trofeos.
Tamén presenciaron parte do adestramento do Río Breogán. Ao final da sesión, tiveron tempo para compartir uns minutos cos xogadores e técnicos, que lles propuxeron unha serie de exercicios de coordinación e mobilidade. Isto converteu a visita nunha experiencia completa e divertida.
O noso agradecemento a Raiolas pola visita.


