
Os celestes venceron un partido moi igualado
O primeiro cuarto comezou cun intercambio de canastras e acerto ofensivo por parte dos dous equipos que se centraban máis no ataque que en axustar as defensas. O primeiro parcial era favorable para o Leite Río Breogán (26-28)
No segundo cuarto seguiron mandando os ataques e o Breo acadaba as súas primeiras vantaxes sen chegar a distanciarse no electrónico. Ao descanso o marcador do Palacio de Deportes de Granada amosaba un igualado 47-50 para os celestes.
O terceiro cuarto foi máis trabado e con menos anotación aínda que mantendo a igualdade. Chegábase ao final deste período co 66-65 no electrónico.
O Leite Río tirou de raza no cuarto definitivo cuns minutos finais moi acertados de Soluade que colleu o relevo na dirección de Christian Díaz, espectacular durante todo o partido, e Dago Peña, dando continuidade ao bo partido de Ahonen, para apuntalar unha vitoria moi importante nunha cancha moi complicada (83-88).
Christian Díaz con 18 puntos, 8 asistencias e 5 rebotes, foi o xogador máis valorado do Breogán (22v.) ben secundado por Ahonen (16 puntos con 4/5 en triplas) e Peña (11 puntos). Thomas de Thaey asionou 7 puntos e 9 rebotes.
Vitoria de oficio para o Leite Río que volta ao Pao o vindeiro domingo para recibir a outro do favoritos, o Delteco GBC o domingo 10 ás 12:00 horas.









