Finaliza a etapa dun adestrador que deixa rexistros históricos para o club, que baixo a súa dirección no banco participou nunha Copa, obtivo a clasificación para competición europea e dous títulos de Copa Galicia, desde a súa chegada ao club en xaneiro de 2022.
Desde o CB Breogán agradécese a Veljko todo o seu traballo e profesionalidade na súa etapa á fronte do equipo celeste, desexándolle os maiores éxitos profesionais e persoais.