Club e adestrador chegaron a un acordo para a súa renovación e seguirá sendo o técnico do Río Breogán na tempada 2024/2025
Veljko Mrsic (Split, Croacia, 13/04/1971) cumprirá a súa cuarta tempada á fronte do banco celeste. O adestrador chegaba ao Río Breogán en xaneiro de 2022 e liderou ao equipo celeste en tres tempadas históricas que incluíron unha participación en Copa do Rey e o regreso á competición Europea.
A renovación do adestrador é o primeiro e importante paso para iniciar a confección do equipo que defenderá a camiseta del Río Breogán nunha nova tempada en Liga Endesa.
