O técnico dirixirá o equipo celeste a vendeira tempada
O club e o adestrador asinaron unha continuidade esperada polas dúas partes
Tanto o propio adestrador como o director xeral do club, Tito Díaz, avanzaran semanas atrás a intención de prolongar o contrato do técnico, unha negociación que frutificou segundo o esperado.
Veljko Mrsic chegaba ao Río Breogán avanzada a tempada 2021/2022, sendo unha peza crave na boa marcha do equipo, que participou na Copa do Rey de Granada e mantivo opcións de entrar en play off ata o tramo final nunha tempada histórica.
O traballo de Mrsic, co resto do corpo técnico e dirección do club, continuou na presente campaña na que, cun equipo moi renovado, mantivo opcións de entrar en copa ata a última xornada da primeira volta e acumula 10 vitorias en 21 partidos.