
Os dous xogadores celestes visitaron as instalacións da marca patrocinadora
Víctor Arteaga e Sergi García recibiron a felicitación dos responsables da marca cafeteira pola confirmación por parte da Federación Española de que ambos se atopan na listaxe de xogadores seleccionables nas próximas ventás FIBA.
Os xogadores mostráronse motivados polo reto da tempada no Breogán e agradecidos pola acollida do club e a afección de Lugo.
Tito Díaz agradeceu a Cafés Candelas a súa colaboración constante co club como un dos patrocinadores principais, mesmo nos perores momentos como os vividos coa pandemia ou os cambios de categoría, cun incremento notable da súa achega nas últimas tempadas.

