Víctor Pérez, renovado

Compartir con

Víctor Pérez, renovado

O Río Breogán seguirá contando con Víctor Pérez como adestrador axudante de Luis Casimiro

Desde a súa chegada ao club celeste o pasado mes de decembro, Víctor Pérez sumou a súa experiencia e coñecementos ao equipo técnico dirixido por Luis Casimiro. Xunto ao outro adestrador axudante, Fernán Varela, e ao resto do corpo técnico, lograron un excelente balance de xogo e resultados que permiten ao Río Breogán achegarse de maneira clara aos seus obxectivos deportivos.

Víctor Pérez (Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1973) é un adestrador formado nas categorías de base de La Salle. Formou parte de equipos técnicos en varias categorías, desde Nacional, EBA, LEB Bronce e LEB Prata, ata incorporarse en 2010 ao Obradoiro CAB en LEB Oro, logrando o ascenso a Liga Endesa onde permaneceu durante catorce tempadas.

Antes da súa chegada ao Río Breogán o pasado decembro, exercía como seleccionador galego cadete.

O técnico celeste formou parte así mesmo do corpo técnico que se proclamou campión do mundo coa Selección Española U19 en Hungría no verán de 2023.

A renovación de Víctor Pérez súmase á de Luis Casimiro e a continuidade de Fernán Varela, como primeiros pasos importantes para afrontar o tramo final da presente tempada e o futuro  proxecto celeste.

Víctor Pérez, renovado
Víctor Pérez, renovado
Víctor Pérez, renovado
Víctor Pérez, renovado

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información